Quen somos
A Entidade de Mercados Centrais de Abastecemento de Galicia, MERCAGALICIA, S.A. constituíuse o 27 de febreiro de 1989 e iniciou o seu funcionamiento o 31 de xaneiro de 1993 froito da colaboración entre o Concello de Santiago de Compostela e a Empresa Pública Mercasa.
MERCAGALICIA conta na actualidade cunha superficie global de 63.000 m² e nas súas instalacións ofrécense solucións á comercialización e distribución de produtos alimentarios frescos na cidade de Santiago e por extensión para toda Galicia. Hoxe en día conta como principal actividade a distribución e venda de froitas e hortalizas, con proxección de ampliar a súa oferta a outros produtos alimentarios, tanto perecedoiro como non imperecedoiro.
MERCAGALICIA forma parte da rede de Mercados Centrais Maioristas que se estenden por todo o territorio español, composto por 23 Unidades Alimentarias. A súa localización estratéxica no centro xeográfico de Galicia facilita a extensión progresiva da área de influencia de empresas maioristas que comercializan os seus produtos, asegurando un tránsito fluído e de mercancías.
MERCAGALICIA é o punto de referencia para a distribución de produtos frescos e como Unidade Alimentaria, concentra una ampla oferta de froitas e hortalizas aportando solucións para a súa comercialización e distribución. E todo, dispoñible nun único espazo accesible todos os días do ano e a 5 minutos do centro de Santiago.